Calendario de Eventos

Setembro 2010 Outubro 2010
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Taboeiro de Eventos

  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow

Baixar

VA - 100 Most Beautiful Love Songs (2009),como están moi parados en agosto os novos lanzamentos, póñovos este recompilatorio coas 100 mellores cancións de amor, que nunca están de máis para algunha ocasión especial.


Música

Sharon Corr - Everybody's gotta learn sometime ( La mayor de los hermanos Corr, vuelve en solitario con esta versión del tema de The Korgis y un video rodado en Andalucía: la Alhambra de Granada, Nerja y Frigiliana...)
^ bottom left to stop

Ímonos de vacacións

Chegou a hora, ímonos de vacacións, dúas semanas de non facer case nada, moitas  fotos, comer, durmir...Durante este tempo o ritmo da web será máis lento, aos mandos queda o meu bo amigo Iblis un dos impulsores deste proxecto. Até a volta!!!,  volvemos o 19 de setembro.

Os pelos de punta

Cando desde o goberno fálase de copago sanitario, coma se o actual modelo fose financiado por medios estranxeiros ou extraterrestres e non polos nosos impostos, pónseme o pelo de punta, ¿por qué insisten en chamar copago a algo que só ten un pagador?, o cidadán.

 

Referente a este artígo

O Escuma cumpre o seu 1º Ano

Después de unos cuantos dias locos sin actualizar la web, y a tan sólo 48 horas de empezar una merecidas vacaciones, os queremos invitar desde aquí al 1º aniversario de la cervecería y bocatería Escuma, en Cambados.

Beatriz Moares, a súa propietaria, vénnos afacendo a unha imaxinativa forma de levar o seu negocio. Foron soadas a Festa do Pixama, a do Tapersex, e a da final do Mundial, e seguro que esta non o será menos. Para o seu primeiro aniversario Bea pretende que corra a cervexa, pondo as cañas a 1€, os calimochos en promoción 2x1, e por suposto non faltarán a piñata e os globos.

Nós queremos darlle o noso parabén porque, nun pobo onde moitos comerciantes só saben queixarse pola proximidade de centros comerciais no canto de preocuparse pola atención aos seus clientes, que é o único que realmente crea fidelidade, conseguiron saírse da definición de típica bocatería e cervexería.

O seu sitio en facebook Escuma somos todos

A imaxe que acompaña este post está realizada por Unha Grande Chea, que sempre realiza uns carteis xeniais para anunciar os eventos, e iste en particular gustoume moito, será polo aire "hipie" que ten.

Un documental sobre o cambadés Benito Pardo de Figueroa

Grazas a un traballo do historiador José Antonio Durán recupérase a actualmente descoñecida e esquecida figura histórica do cambadés Benito Pardo de Figueroa, "o señorito de Fefiñáns". O documental realizarase en colaboración coa Televisión de Galicia, canle co que Durán xa impulsou diversos proxectos anteriormente.

Cambados será escenario de luxo deste proxecto,   e o Pazo de Fefiñans (foto superior), un dos protagonistas relevantes da historia. Tamén se realizará unha recreación dixital dun pazo que a familia de Pardo de Figueroa tiña en Pontevedra na época.

Pardo de Figueroa viviu entre 1755 e 1812, e foi un dos máis brillantes reformadores da Infantaría española, "corpo de elite que Napoleón Bonaparte escolleu para que executase os seus plans antibritánicos de ocupación militar".

A cinta recolle a actividade diplomática e militar do que foi tenente xeral na época de Godoy, e incorpora a personaxes como este, Napoleón Bonaparte, John Quincy Adams e Otero Pedrayo.

Via: Faro de Vigo.

 

...5,4,3,2,1, on line.

Podiamos empezar este post dicindo que un estraño fallo deixounos durante unhas horas fóra de linea, ou que a nosa web é moi importante e foi hackeada   , pero o certo é que o noso propio servidor non nos deixaba acceder, por non facer limpeza da BD nos ultimos meses. Xa notabamos que a cousa non funcionaba ben nos últimos dias, pero como temos unha gran parte dos nosos recursos pensando nas vacacións, pillounos o touro.

¿Que sacamos en limpo disto?

1º Que o mundo non se acaba se a túa web esta fóra de linea durante unhas horas (aínda que ás veces pensemos o contrario).

2º En informática cando algo parece que vai mal, é que vai mal, e non se arranxa ignorando o problema.

E nada máis, tampouco imos pasarnos, que a nosa cabeza ten un potencial limitado, e non dá para máis.

Acabámolo de comprobar.

O mundo non se acaba se a túa web esta fóra de linea durante unhas horas.

 

- Visto por ahí.

XV Triatlón Popular Vila de Cambados

Este próximo sábado terá lugar na Illa dás Goritas en Cambados o XV TRÍATLON POPULAR VILA DE CAMBADOS, orgazizado pola concellaría de deportes do Concello de Cambados.

A proba consta de dúas categorias. A categoría A, composta por participantes de 11 a 15 anos, percorrerá 50 metros de natación, 1500 m en ciclismo e 500 metros de atletismo. A categoría B, de 16 anos en diante, realizará 250 metros nadando, 6.000 metros en bicicleta e 2.500 metros correndo.

Os premios en metálico para os catro primeiros clasificados da categoría B, homes e mulleres son:

1º clasificado 200 €
2º clasificado 150 €
3º clasificado 100 €
4º clasificado 50 €

 

Xaquín Xesteira nol National Concert Hall de Irlanda

O músico cambadés Xaquín Xesteira,  foi convidado a tocar xunto á orquestra sinfónica de Rádio Televisión Irlandesa  no National Hall de Irlanda. En concerto será o vindeiro venres e colaboran distintos artistas.

Con esta actuación, o fundador de Treixadura, que no seu tempo libre participa xunto coa asociación cultural e deportiva Unha Grande Chea, dá un paso máis na súa longa e prolífica carreira musical, pasando así a considerarse como un dos mellores gaiteiros da actualidade.

Artígo e foto de: Carolina Laya (Voz de Galicia)

 

Ou mesmo menos...

Cando algunhas persoas din «Desde que teño uso de razón» pode significar aproximadamente unha semana.

– @korochi

-Visto en microsiervos

As Web oficiais do Salnés

Fai uns dias unha das web-blog de Cambados puxo en relevo a falta de información que algunhas veces ofrece a web do noso concello, algo que tamén a nós parécenos evidente.  O artígo de Cambados(tk), que recomendamos ler, sinala a omisión de información sobre o período de solicitude dunhas bolsas de axuda ao estudo.

Profundando un pouco máis no tema, decidímonos a pasar pola web oficiais dos principais concellos do Salnés, e tentamos analizalas polo seu contido e funcionalidade. O resultado foi iste, numerando de 1 a 10 catro aspectos importantes que cremos que debe ter calquera web oficial.

Concello do Grove: Aspecto visual: 10 |  Información: 8 |  Interactividade: 3 |  Accesibilidade: 10 | Media: 7,75.

Concello de Vilagarcía de Arousa: Aspecto visual: 7 |  Información: 8 | Interactividade: 8 |  Accesibilidade: 7 | Media: 7,5.

Concello de Meaño: Aspecto visual: 6 |  Información: 8 | Interactividade: 7 |  Accesibilidade: 5 | Media: 6,5.

Concello de Ribadumia: Aspecto visual: 7 |  Información: 7 |  Interactividade: 5 |  Accesibilidade: 5 | Media: 6.

Concello de Sanxenxo: Aspecto visual: 6 |  Información: 8 | Interactividade: 7 |  Accesibilidade: 2 | Media: 5,75.

Concello de Meis: Aspecto visual: 2 |  Información: 8 | Interactividade: 7 |  Accesibilidade: 5 | Media: 5,5.

Concello de Cambados: Aspecto visual: 8 |  Información: 6 | Interactividade: 3 |  Accesibilidade: 2 | Media: 4,75.

Concello de Vilanova de Arousa: Aspecto visual: 5 |  Información: 5 |  Interactividade: 3 |  Accesibilidade: 2 | Media: 3,75.

Concello da Illa de Arousa: Aspecto visual: 1|  Información: 3 |  Interactividade: 3 |  Accesibilidade: 2 | Media: 2,25.

Ler máis...

"Festa da Xuventude", na Pastora.

O vindeiro sábado 21 de agosto, no medio das festas da Divina Pastora, celébrase a "Festa dá Xuventude" coa actuación do grupo de Sisán Los Pablos  e o 7setenta  de Vilagarcía de Arousa. O lugar para o concerto é o propio Monte dá Pastora e a hora as 22:00h.
 

"Cine na Rúa" presenta Kika Superbruja

O xoves 19 de agosto ás 22:00h, no pavillón do Centro Cultural Gumersindo Marquez de Oubiña, realizarase o pase da película Kika Superbruja de Walt Disney dentro do programa "Cinema na Rúa".

Español (spanish formal Internacional)Galego

Info. Turística

.
.
.
.

Recomendamos

En liña

Temos 67 invitados conectado

Visitas


Visitas Hoy:3
Visitas Ayer:63
Visitas Este Mes:323
Visitas Totales:50791
Impressiones Hoy:0
Impressiones Ayer:0